EconomíaEconomía

O lastre das estradas

AEVA pide viais acordes co volume económico de Valdeorras
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Unhas infraestruturas por estrada acordes co nivel económico da comarca. É unha vella reivindicación dos empresarios valdeorreses que continúa de actualidade. Poñíase de novo sobre a mesa na asemblea da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebrada o 5 de xullo no Pazo do Castro (O Barco). O seu presidente, Javier Rodríguez Paradelo, lembraba as xestións realizadas dende esta entidade para solicitar o arranxo do firme das estradas N-120 e N-536, unha demanda que ata agora “non tivo resposta, a pesar do volume de tráfico que rexistran ambos viais e da súa indiscutible trascendencia estratéxica para favorecer o desenvolvemento do territorio”. Este tema abordábase tamén na xuntanza convocada por AEVA a finais de xuño na que participaron representantes políticos locais, galegos e nacionais.

Na súa intervención Rodríguez Paradelo tamén fixo balance das actuacións desenvolvidos por AEVA no 2012, “outro exercicio difícil para as empresas, para os traballadores e para a propia asociación, como consecuencia dos recortes nas axudas públicas e, especialmente, dos retrasos na resolución das subvencións ás que temos acceso, coa incertidume que iso xera á hora de tomar decisións”. Entre esas accións figura un proxecto de prospección de empresas valdeorresas en Marrocos, así como diversas medidas para fomentar o espírito emprendedor, “tan necesario nestes momentos”.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button