En portadaEntroido 2022Última hora

O latexo do Entroido tomará Trives neste domingo

Unha ducia de folións participarán na xuntanza que promove a Asociación Os Labregos

O Folión Os Labregos abrindo o desfile da Xuntanza de Folións celebrada no 2020 en Trives./ Foto: A.R.

 

Dende primeira hora da tarde de mañá domingo 20 de febreiro máscaras e folións chegados de diferentes puntos do oriente ourensán tomarán as rúas principais de Trives. A vila recupera, tras a obrigada paréntese do 2021 polo Covid, a tradicional Xuntanza de Folións que promove a Asociación Cultural Os Labregos coa colaboración do Concello.

Nesta edición, na que se aplicarán unha serie de medidas para garantir a seguridade sanitaria, habería varias novidades. Así estará pensado para os propios folións, fronte ao carácter público e aberto das outras edicións, para dese xeito evitar concentracións de xente.

Por outra banda, cambiarase o percorrido, que desta volta terá como punto de partida o Concello de Trives, e non se celebrará a merenda coa que acostumaba agasallarse aos folións participantes.

Espérase contar neste encontro coa presenza dunha ducia de fulións, mantendo así unha participación similar á doutras edicións. “Estarán todos, agás no caso do folión de Queixa, que desta volta non tocará”, segundo a organización.

Artigos relacionados

Back to top button