ConcellosÚltima hora

O libro “Breves historias del Wolfram” presentarase no Barco o 22 de xuño

O acto, promovido dende o IEV, terá lugar no segundo andar do Casino a partires das 20h.
Portada do libro.

Tras unha década realizando entrevistas e constrastando información cun cento de persoas de avanzada idade, moitos deles xa falecidos, o berciano Ramón Cela López decidía darlle forma de libro a eses testemuños “dunha época e circunstancias que tiveron que vivir e que lles levou a formar parte da historia deste país”, segundo el mesmo conta na obra.

Ese libro leva por título “Breves historias del Wolfram (1940-1945)” e presentarase o vindeiro sábado 22 de xuño ás 20h. no marco dunha conferencia no segundo andar do Casino do Barco nun acto promovido dende o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV). Nel estará o autor da obra acompañado polo investigador valdeorrés Isidro García Tato e e polo presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close