CulturaCulturaÚltima hora

O libro-disco sobre a vida e obra de Magín Blanco presentarase este venres na Rúa

O acto comezará ás 20 horas no Centro Cultural Avenida e contará coa presenza do autor e do protagonista da obra

O músico rues Magín Blanco.

 

Magín Blanco, natural da Rúa, é un músico de longa traxectoria. A súa carreira musical comezou nos anos 80 co grupo La Rosa, formación da que foi líder indiscutible e coa que publicou varios discos 1988 e 1995. Desde o 2006, lanza tres traballos en solitario e nos últimos anos foi abandonando o panorama discográfico dos adultos para centrarse na música infantil. Unha traxectoria que Carlos Rego plasmou nun libro titulado Magín Blanco, O Camiño da Luz que será presentado este venres, 17 de xaneiro no Centro Cultural Avenida da Rúa.

Este traballo recolle o relato da existencia de Magín Blanco en pequenos refachos e o do seu periplo musical con todo detalle, facendo fincapé nas condicións nas que este músico valdeorrés crea e converte en marabillas poéticas de gran calado emocional as súas composicións a partir da materia prima que o rodea.

No acto de presentación do libro, publicado por Edicións Embora e que inclúe un CD (O Camiño da luz, 1985-2019, Magín Blanco) estarán presentes o autor e mailo protagonista.

 

CD que inclúe o libro sobre Magín Blanco.

 

Artigos relacionados

Back to top button