CulturaCulturaÚltima hora

O libro “José Blanco Novo, primer radioaficionado gallego” presentarase en Trives

O grupo de radioafeccionados de Trives organizará nas vindeiras semanas un acto para dar a coñecer esta obra, escrita por Tomás Manuel Abeigón Vidal (EA1CIU) de Pontevedra

 

Portada do libro.

A historia do primeiro radioafeccionado galego vén de ser recollida nun libro froito do traballo de Tomás Manuel Abeigón Vidal, EA1CIU, de Pontevedra. A obra leva por título “José Blanco Novo, primer radioaficionado gallego, primera estación móvil de aficionado de España y fundador del servicio de transmisiones de la Guardia Civil (1891-1971)” e achega a biografía de EAR-28, posteriormente EA4BQ, unha das primeiras e máis relevantes figuras da radioafección española.

Entre os logros máis salientables de Blanco Novo figura ser o ganador da medalla de ouro no primeiro Concurso de Transmisión da Historia da Radioafección Española, que tiña lugar entre 1926 e 1927. Empataba a puntos con otro referente do amateurismo español, Jenaro Ruiz Arcaute, EAR-6 de Tolosa que recibía igual premio. Na segunda edición deste certame, Blanco Novo convertíase en ganador absoluto. Ademais foi o primeiro delegado da segunda rexión de Españoles Afeccionados á Radiotécnica, organizadora do Concurso de Transmisión xa citado.

Blanco Novo foi ademais quen construíu a primeira estación de afeccionado móbil en 1927 e, un ano despois, fundou o servizo de transmisións da Garda Civil, segundo conta Abeigón na súa obra. Este volume será presentado en Trives nas vindeiras semanas nun acto que organizará o grupo de radioafeccionados de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button