CulturaCulturaÚltima hora

O libro “Quérote canto”, de Eva Veiga e Baldo Ramos presentarase en Celanova

O acto será o vindeiro venres, 14 de agosto, ás 20:30 horas no Mosteiro de San Salvador

O concello ourensán de Celanova acollerá o vindeiro venres, 14 de agosto, a presentación do libro “Quérote canto”, de Eva Veiga e Baldo Ramos. O acto, organizado pola Fundación Curros Enríquez, será no coro alto do Mosteiro de San Salvador, ás 20:30h. Intervirán os autores, a crítica literaria Teresa Seara e a organista María José Mosquera. A actividade contará con todas as medidas e protocolos hixiénico-sanitarios, derivados da pandemia do coronavirus.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button