O libro “Ultreya et Suseya, por el Camino de Inverno” presentarase en Toledo

O acto terá lugar o vindeiro 20 de outubro na Biblioteca de Castela A Mancha e contará coa presenza dos autores da obra: Antonio Castro, David Vázquez e Patricia Fernández

Imaxe do primeiro acto de presentación desta novela, que tiña lugar no Barco en setembro./ Foto: A.R.

 

Tras unha primeira presentación realizada o 1 de setembro no Barco, a obra “Ultreya et Suseya, por el Camino de Inverno” chega agora a terras castelás. Así para o vindeiro 20 de outubro está previsto un novo acto de presentación deste libro ás 11h. no salón de actos da Biblioteca de Castela A Mancha. Nel contarase coa presenza dos tres autores valdeorreses desta novela: Antonio Castro, David Vázquez e Patricia Fernández.

O propósito desta obra é “poñer en valor e dar a coñecer o Camiño de Inverno, que xurdiu como unha variante ao Camiño Francés para evitar as neves, as riadas ou os problemas que implicaba continuar cara Santiago polo Cebreiro”, en palabras dun dos seus autores, Antonio Castro Voces.

 

Exemplares deste libro./ Foto: A.R.

 

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies