CulturaCulturaÚltima hora

O libro “Un ano no Carballal” presentarase o 20 de agosto en Parada (Folgoso do Courel)

 

O vindeiro venres 20 de agosto ás 19h. presentarase na Fundación Uxío Novoneyra da Parada do Courel o libro “Un ano no Carballal”, de Sonia García. O volume, editado pola Editorial Canela coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle a evolución da vida tradicional aos novos tempos recollendo testemuñas da comarca lucense do Courel, en concreto da aldea do Carballal. Este traballo de investigación achega datos históricos, así como do patrimonio, o medio natural, a etnografía, a toponimia, o uso local da lingua ou a música.

A autora presenta este libro como unha ferramenta moi válida para os estudosos e investigadores do medio, da antropoloxía e da fala, así como unha peza de grande valor sentimental para a veciñanza da zona.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, o secretario da Fundación, Uxío Novo, e o editor, Pablo Quintana, acompañarán á autora Sonia García na presentación do libro.

Artigos relacionados

Back to top button