OurenseÚltima hora

O Liceo de Ourense acollerá dende o venres unha exposición fotográfica sobre a figura da árbore na cidade

A mostra, organizada polo Ateneo de Ourense, poderá visitarse do 16 ao 30 de abril

 

Este venres 16 de abril ás 19 horas, o Ateneo de Ourense abre ao público a súa exposición fotográfica sobre a figura da árbore na cidade, unha mostra de interese divulgativo, que conta coa participación de máis de 15 fotógrafos e unha documentalista da provincia.

Debido ás limitacións actuais pola situación de alerta sanitaria, realizarase un acto público de apertura a través da canle de YouTube do Ateneo: bit.ly/SonArboreYT.

#SonÁrbore, é o resultado da colaboración do Ateneo de Ourense, da Sociedade Galega de Historia Natural e de Sustinea, entidades interesadas en concienciar sobre a importancia das árbores e promover un maior coñecemento, respecto e protección delas como patrimonio verde e fundamental das cidades, e poderá visitarse ata o 30 de abril no Liceo de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button