CulturaCulturaÚltima hora

O líder de Danza Invisible recalará en xullo na Rúa dentro do ciclo “Decantando viños ourensáns”

A Deputación de Ourense pon en marcha a iniciativa cultural “Verán nas vilas” que levará a diferentes localidades as novas cancións de Javier Ojeda

Videoconferencia de Manuel Baltar con Javier Ojeda, líder de Danza Invisible).

 

O vindeiro 4 de xullo a área recreativa do Aguillón, na Rúa, será o escenario dun concerto moi especial que maridará cultura musical e viticultura da man do líder de Danza Invisible, Javier Ojeda, e o seu último disco DeCantando. Trátase do ciclo de concertos denominado “Decantando viños ourensáns”, que se enmarca na iniciativa cultural “Verán nas vilas” que pon en marcha a Deputación de Ourense.

Este ciclo levará a diferentes localidades da provincia, durante o vindeiro mes de xullo, un espectáculo que aúna a vangarda musical dos novos temas de Javier Ojeda coa tradición monumental e vitivinícola que poseúe a provincia de Ourense. Arrancará o 2 de xullo no Castelo de Monterrei; o día 4 estará no Aguillón (A Rúa); o día 6 no Mosteiro de San Clodio (Leiro); e rematará o día 7 de xullo no Mosteiro de Montederramo.

O presidente da Deputación Manuel Baltar e o propio cantante mantiñan hoxe unha reunión por videoconferencia para ultimar os detalles destes singulares conciertos, “que terán como protagonista a unha persona clave na historia do pop español, acostumado a cantar ao lado radiante da vida que agora cata temas baseados no viño”, asegura Balatar, engadindo que as cancións do novo traballo que estrea Javier Ojeda “obedecen á máis variopinta procedencia, dende boleros, reggae, rumbas ou corridos, ata rock, baladas e funkys”.

 

Artigos relacionados

Back to top button