Publicidade
OurenseÚltima hora

O líder de Luar Na Lubre, Bieito Romero, será o primeiro “Gaiteiro da Catedral”

A homenaxe comezará mañá a partires das das 11:30 horas na catedral de Ourense

O líder e membro fundador do grupo Luar na Lubre, Bieito Romero, será o primeiro “Gaiteiro da Catedral” que interpretará o himno oficial da provincia, “Ourense no solpor”, desde a torre da catedral de Ourense. Será mañá, 30 de xuño, no primeiro acto da homenaxe mundial permanente ás vítimas do Covid-19 e ao persoal esencial que traballou durante os meses da pandemia, un evento organizado pola Deputación de Ourense, o Bispado e a Catedral de Ourense, que terá lugar na praza de San Martiño da capital ourensá.

 

Bieito Romero xunto co presidente da Deputación de Ourense, Bieito Romero.

 

Alí, ás 11.30 horas (hora emblemática que representa o 11 de marzo, día en que a OMS decretou a pandemia mundial), Bieito Romero, músico de orixe ourensá e Fillo Adoptivo do municipio de Esgos, “subirá á torre do templo, ataviado coa Capa do “Gaiteiro da Catedral”, que se estrea nesta ocasión, e iniciar a homenaxe mundial permanente ás vítimas o Covid-19 e ao persoal esencial na pandemia”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close