EconomíaEconomíaÚltima hora

O limiar da 18ª Mostra do Aceite de Quiroga

Cata de aceites na pasada edición da Mostra do Aceite de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nas dependencias do Museo Etnográfico de Quiroga reuniranse este venres 11 de maio a partires das 19h. varios membros da Asociación de Amigos dos Aceites Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL) co fin de constatar a aptitude sensorial, cata, dos aceites concurrentes á 18ª Mostra do Aceite de Quiroga, prevista para o domingo 20 de maio.

Esta celebración terá lugar no entorno do “Muíño do Aceite” de Bendilló, con diferentes actividades. Entre elas figura unha demostración de análise sensorial, aberta ao público, na que tamén se contará con membros de AMIAQUIGAL, que comentarán as características sensoriais detectadas. Será na “Capela das Farrapas” , ao carón do citado muíño tradicional de aceite.

Artigos relacionados

Back to top button
Close