DeportesÚltima hora

O loitador José Andreas López (Graíño Team O Barco) consegue o ouro no campionato galego de MMA

Tamén se facía coa medalla de bronce na modalidade de Grappling, na proba disputada na Coruña

 

Ata tres trofeos lograba neste mes o loitador José Andreas López “Andi”, membro do Graíño Team O Barco. O primeiro conseguíao no Torneo León X-Treme Fights celebrado o día 9, onde se proclamaba campión na modalidade MMA na categoría -70,3 kg.

Os outros dous chegábanlle nesta fin de semana (16 de novemebro) no campionato galego de Grappling e MMA celebrado no pavillón Lavañou da Coruña. Alí, Andi subía ao alto do podio coa medalla de ouro na modalidade de MMA e ao terceiro caixón do podio co bronce na categoría -71 kg en Grappling.

Malia o pouco tempo que leva adestrando nestas dúas modalidades de contacto, estas medallas reflicten a “boa traxectoria do loitador do Graíño”, asegura o adestrador Luis Pardo Bravo, adiantando que os próximos retos para o xove púxil serán o mítico Invictus de San Sebastián o 14 de decembro; e o campionato de España que se celebrará en Murcia o 1 de febreiro de 2020.

As imaxes da galería son do campionato galego de MMA e Grappling mentres que as que aparecen baixo estas liñas corresponden ao Torneo León X-Treme Fights.

 

Un momento do combate de Andi no León X-Treme Fights.

 

José Andreas López proclamouse campión do torneo en MMA -70,3 kg.

 

Membros do Graíño Team O Barco.

Artigos relacionados

Back to top button