ConcellosCualedroMonterreiÚltima hora

O lume de San Millao (Cualedro) achégase á aldea de San Cristovo (Monterrei)

Medio Rural vén de activar como medida preventiva a Situación 2

Foto Brif Laza.

 

O lume toca novamente de cheo á comarca de Monterrei. A Consellería do Medio Rural informa de que se vén de activar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao. Esta situación operativa de emerxencia decretouse pola proximidade do lume ao núcleo de San Cristovo, pertencente ao municipio de Monterrei.

Este incendio comezaba ás 14:15 h. desta tarde e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 300 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 12 avións.

O lume, que preocupa pola forza que está collendo, achégase tamén á fronteira portuguesa e aos seus labores de control veñen de sumarse medios lusos.

Artigos relacionados

Back to top button