En portadaÚltima hora

O lume de Vilardemilo (Viana) chega ás 230 hectáreas

Ás cinco da tarde iniciábase outro lume en Flariz (Monterrei) que leiva quemado xa 20 hectáreas

 

Continúa activo o incendio forestal que se iniciaba á última hora de onte, 23 de xullo, na parroquia de Vilaremilo (Viana do Bolo). Segundo as últimas estimacións publicadas pola Consellería do Meido Rural, son xa 230 as hectáreas afectadas.

Para o control deste incendio mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 12 axentes, 36 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións, segundo informa Medio Rural.

Incendio en Flariz (Monterrei)

Activo desde as 17,05 h. desta tarde un incendio forestal no municipio ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 3 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 8 avións.

 

Vídeo cedido.

 

Controlado o incendio de Queirugás (Verín)

Controlado desde as 14,43 h. desta tarde o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás, que se iniciara o mércores. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas. No seu control levan traballado ata o momento 1 técnico, 15 axentes, 29 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

 

Artigos relacionados

Back to top button