ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O lume vence á chuvia na Festa dos Fachós de Castro Caldelas

Numerosas persoas asistían a esta tradicional celebración na que non faltaron os chourizos

Nin o frío nin a intensa chuvia caída ao longo da xornada do 19 de xaneiro, impediu que Castro Caldelas celebrase e desfrutase dunha das súas citas de referencia: a Festa dos Fachós.

Protexidas baixo paraugas ou simplemente chuvasqueiros e gorros (moitas nin sequera iso), centos de persoas asistían en torno ás sete e media da tarde ao acendido dun longo fachón, poñendo en marcha o antergo ritual de lume que cada ano festexa esta vila medieval, calificada como un dos pobos máis bonitos de España.

 

Collendo os chourizos con pan.

Dende o adro do Santuario dos Remedios comezaba así a procesión encabezada polo gran fachón e seguida por outros fachós máis pequenos portados por veciños e visitantes. Tras percorrer o casco histórico, a comitiva regrasaba ao adro do templo onde todos os fachós remataba nunha enorme fogueira dando paso á parte gastronómica da festa con chourizos, pan, viño e queimada.

Coma sempre, na celebración había xente de todas as idades que non tivo medo á auga, entre eles o secretario xeral do PSdeG-PSOE Gonzalo Caballero acompañado pola alcaldesa Sara Inés Vega, que chegaba a Castro Caldelas despois de asistir á XIX Festa do Botelo no Barco de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button