ConcellosÚltima hora

O lume volve a San Vicente de Leira (Vilamartín)

 

A parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) rexistraba un novo incendio forestal na tarde de onte luns. Orixinouse ás 19:47 h. e quedou estabilizado ás 5:55 h. desta mañanciña. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No control deste lume levan traballado 5 axentes, 9 brigadas e 3 motobombas, segundo a Consellería do Medio Rural.

O sábado pasado rexistrábase tamén un incendio nesta mesma parroquia vilamartinesa, que resultaba extinguido ás 8:24h. do domingo 29 de marzo.

Extinguido Entrimo

Por outra banda, o lume que se iniciaba ás 17,20 h. da tarde de onte en Entrimo, chegou dende Portugal e afectou o parque natural do Xurés. Quedou extinguido ás 21,45 h. da pasada noite e, segundo as últimas estimacións, en territorio español resultou afectada unha superficie de 20 hectáreas de monte raso. Para o control deste incendio mobilizáronse 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 3 helicópteros.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button