ConcellosÚltima hora

O luns 27 de xaneiro abrirase o prazo para a inscrición de comparsas no Entroido 2020 do Barco

A data límite será o 21 de febreiro ás 12h. nas oficinas da Asociación de Empresarios de Valdeorras

Unha das comparsas participantes no Defile do Entroido 2019 no Barco. /Foto: A.R.

 

O Entroido está á volta da esquina e dende o Concello do Barco comezaron xa cos preparativos. Así, o luns, 27 de xaneiro, abrirase o prazo para a inscrición de comparsas no desfile do Martes de Entroido. Os interesados poderán formalizalas ata as 12 horas do día 21 de febreiro nas oficinas da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA).

Segundo as bases, poderán participar comparsas de 10 ou máis persoas que deberán tomar parte, en todo o seu percorrido, no desfile que terá lugar o martes día 25 de febreiro de 2020 a partir das 17:30 horas e que, partindo da avenida Conde de Fenosa, percorrerá varias rúas do Barco rematando na praza Maior.

Na inscrición deberán constar o nome e apelidos, DNI, e-mail, teléfono e sinatura do representante da comparsa así como o nome e número compoñentes da mesma.

Con respecto aos premios á participación, establécense os seguintes en función do número de compoñentes: comparsas de 10 e 20 persoas 150 euros; comparsas de 21 a 30 persoas 200 euros; comparsas de 31 a 40 persoas 250 euros; e comparas de 41 persoas en adiante 295 euros. Os premios pagaránselle aos representantes de cada comparsa (persoas que teñan feito a inscrición) ao finalizar o desfile, previa identificación coa presentación do DNI.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close