ConcellosSen categorizarÚltima hora

O luns 9 de xullo comezarán as obras de reforzo de firme en cinco estradas autonómicas de Valdeorras

Están nos concellos da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco e nestes viais investiranse 583.000 euros
As obras comezarán no concello da Rúa.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciará o 9 de xullo unha serie de obras de reforzo de firme localizados en cinco estradas autonómicas da comarca de Valdeorras. Comezarase polas dúas estradas do concello da Rúa. “En concreto a intervención permitirá arranxar a capa de rodadura na estrada OU-602, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. E tamén se actuará na estrada OU-603, entre o punto quilométrico 0 e 3+630”, segundo a consellería.

Ademais actuarase na estrada autonómica OU-622 para a mellora da pavimentación, entre os puntos quilométricos 0 e o 21+940, nos concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras. Outra vía obxecto deste contrato é a OU-636, ao seu paso polos municipios de Petín e Larouco, no tramo entre os puntos quilométricos 19+800 e 21+140. As obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura da estrada OU-637, entre o punto quilométrico 0+035 e 1+120.

O investimento da consellería para acometer as distintas actuacións programadas nestas estradas autonómicas é de preto de 583.000 euros, sendo adxudicadas á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A., que dispón dun prazo de execución de 4 meses.

Artigos relacionados

Back to top button