OurenseÚltima hora

O luns día 7 de decembro volverá a feira ao entorno da Praza de Abastos de Ourense

Praza de Abastos Nº 1 de Ourense. /Foto: S.F.

 

A Praza de Abastos celebra a apertura da hostalaría, polos efectos beneficiosos que ten sobre as empresas “auxiliares” que traballan para a mesma, o alivio para a economía da cidade e para o emprego. “Esta apertura permitirá salvar a moitas empresas e autónomos”, di, recalcando “o positivo que será esta apertura para o sector primario, un dos grandes perxudicados co peche, xa que produtos deste sector, viron caídas estrepitosas de vendas e prezos, ao ser produtos destinados principalmente ao sector HORECA”.

Desde a Praza tamén queren recalcar a importancia de respectar as medidas de seguridade, “nas mans de todos está o poder salvar ao Nadal e evitar novos peches”, din, adiantando que a feira volverá celebrarse o luns día 7 despois de que o Concello a suspendese durante os meses de outubro e novembro por precaución, e asegurando que serán “absolutamente intransixentes coas medidas, que teñen que cumprir vendedores ambulantes e clientes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button