En portadaÚltima hora

O luns iniciarase na provincia a vacinación contra o Covid dos maiores de 80 anos

A campaña desenvolverase en 20 centros de saúde por parte de 11 equipos especiais de vacinación, 22 enfermeiras de Atención Primaria

 

O luns 22 de febreiro porase en marcha na provincia de Ourense a vacinación contra o Covid da poboación xeral, que se inicia coas persoas maiores de 80 anos en vinte centros de saúde de referencia. En total está previsto que administren 810 doses en toda a provincia nesta primeira xornada.

A citación destas persoas comezaba hai uns días por parte dos profesionais do equipo especial de citacion, que comezaron a chamar aos maiores por orde alfabética comezando pola “H”, letra escollida nun sorteo ante notario. Unha vez fixada a cita, dende cada centro de saúde farase unha segunda chamada para confirmar as diarias “co obxectivo de lembralo e axustar ao máximo as doses a dispensar, para que non desaproveitar ningunha”, segundo o Sergas.

A vacinación terá lugar nos Servizos de Atención Primaria, incluindo os seis centros de saúde da cidade e ás cabeceiras de comarca. En concreto será nos Centros de Saúde de O Barco de Valdeorras, Pobra de Trives, Viana do Bolo, Allariz, Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, Ribadavia, Verín, Xinzo de Limia, Valle Inclán, A Ponte, A Cuña-Mariñamansa, Novoa Santos, O Couto, A Carballeira e A Valenzá (Barbadás).

Do desenvolvemento desta campaña ocuparanse, novamente, once equipos especiais de vacinación, 22 enfermeiras de Atención Primaria, que xa completaron a vacinación do mais dun cento de residencias sociosanitarias de Ourense, así como do persoal dos centros sanitarios de atención primaria, hospitalaria, e tamén dos centros médicos privados, farmacias, clínicas de odontoloxía, logopedia, fisioterapia, etc.

Por puntos de vacinación o de Verín será o que atenderá a un maior número de usuarios 3.150, seguido do de O Carballiño, con 2.968; Valle Inclán 2.881; Xinzo de Limia 2.547; Celanova 2.523; A Ponte 2.437; Novoa Santos 2.395, O Barco de Valdeorras 2.117; A Cuña 2.079; Ribadavia 1.893; A Carballeira 1.787; Coles 1.488; Maceda 1.009; Bande 930; Allariz 926; Viana do Bolo 573; Castro Caldelas 481; e Pobra de Trives 442. As vacinas de A Valenzá e O Couto están incluídos nos servizos de A Carballeira e Novoa Santos pero dispensaranse directamente nestes centros.

 

Fonte: Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button