EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O “madrugón do botelo”

José María Rodríguez Ramos, o noso pregoeiro deste ano e alma máter do Cine Club Groucho Marx, non só foi o primeiro “no madrugón do inverno” o “madrugón do botelo” senón que ademais tivo a xenialidade de proxectar unha película -obviamente gratuitamente- para facer máis agradable a espera aos sufridos madrugadores que dende antes das 07:00 horas acudiron a coller número para a retirada de entradas da comida da XVIII edición da Festa do Botelo do Barco.

Unha razón máis para apoiar a este cine club que tanto vén facendo por manter esta actividade en Valdeorras. O que no ocorra no Paraíso….!!!!!

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez.
Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/ainda-quedan-entradas-xviii-festa-botelo-barco/

Artigos relacionados

Back to top button