CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

O Mago Deimi e a banda Alberto&García abren a sesión de tarde do SilFest

 

Con maxia, humor, poesía e música arrancaba a sesión de tarde do SilFest Valdeorras 2022 neste venres 22 de xullo, nun recinto á beira do río distribuído por espazos.

Trala apertura de portas, a Zona Mini SilFest acollía xogos tradicionais a actuación do Mago Deimi, obradoiros infantís con globoflexia incluída e pintacaras. Pola súa banda o Espazo Florencio acollía a cata adicada ao ano de Florencio Delgado Gurriarán.

 

 

E xa no escenario D.O. Valdeorras, ás oito da tarde subíase ao escenario a banda Alberto&García, procedentes de Asturias que abrían o recinto musicalmente falando. Dende o escenario, con temas nos que o río cobraba protagonismo, o cantante informaba do xesto solidario que pensaban ter cos afectados polo incendio, destinando a este fin o recadado coa venda de discos durante o concerto.

 

 

Os seguintes en subirse ao escenario eran Karava e despois tocáballe o turno ao prato forte da noite, Corizonas. Para despois de medianoite quedan os concertos de Levitants e Abanel Lee, pechando esta primeira xornada do festival  EME DJ.

No recinto hai postos de comida e bebida, de venda de viño, camisetas e demais material do festival e, coma sempre, hai unha caseta de Cruz Vermella Valdeorras.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button