ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Mago Teto conquista ao público da Rúa coa “viaxe da súa vida”

O artista vianés presentou o seu espectáculo Íntimo, no marco da III edición do festival Terra Máxica

Cativos, adolescentes e adultos. Para todos os públicos é Íntimo, o espectáculo que o Mago Teto presentaba na tarde do 8 de abril no Centro Cultural Avenida da Rúa.

“Eu non sempre fun mago”, comezou dicindo Teto (natural de Viana do Bolo). Foi o seu avó quen puxo no seu corazón a semente cando era un cativo, e a partires dese momento medrou nel un soño: ser mago. E para cumprilo, tivo que estudar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Este espectáculo é pois a viaxe da súa vida, un percorrido no que coñeceu grandes magos e aprendeu a facer grandes trucos de ilusinionismo.

Co humor que o caracteriza e implicando ao público en cada número, o Mago Teto foi presentando o seu espectáculo, conquistando, unha vez máis, a todos os presentes.

Esta actuación enmárcase no III festival Terra Máxica que está levando a maxia a oito concellos da provincia de Ourense. A próxima cita na Rúa será o domingo 15 de abril co espectáculo Saaabor! da compañía Culturactiva.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button