CulturaCulturaÚltima hora

O Mago Teto conquista Viana do Bolo

Este ilusionista enchía de público a praza Maior da súa vila natal

Co espectáculo “Os anos 80 vistos polo Mago Teto” abríase na noite do 11 de agosto a programación das festas patronais de Viana do Bolo. Este ilusionista lograba encher a praza Maior da súa vila natal, meténdose dende un principio ao público no peto.

Esta peza busca achegar ao espectador a través da maxia á historia, aos personaxes desa década dende un enfoque humorístico e salpicado de ilusións. E como broche final utilizaba un orixinal xogo de luces e lume. Ao remate, o Mago Teto amosaba o seu agradecemento ao Concello de Viana e a todos os que fixeron posible esta actuación no seu pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button