O Mago Teto estrea espectáculo na III edición de Terra Máxica

Viana e A Rúa son dous dos seis concellos nos que se desenvolverá o festival, entre o 16 de marzo e o 22 de abril

O Mago Teto en Alquimia.

Por terceiro ano consecutivo, Terra Máxica achegará ata a provincia de Ourense, os mellores espectáculos de ilusionismo.

A terceira edición do festival desenvolverase entre o 16 de marzo e o 22 de abril en seis concellos: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana. Un programa de seis espectáculos, nacido da colaboración en rede dos concellos, que achega ilusionismo, formación e diversión a todos os públicos.

Nesta ocasión, os asistentes poderán gozar dos espectáculos Saaabor! de Culturactiva, Alquimia e Íntimo do Mago Teto, Mi abuelo es mago de Mundomandarina, Sen palabras do Mago mimo Anyo e Código de Dani García. Un gran programa con dous estreas para non perderse: Alquimia e Saabor!

Ademais dos espectáculos, o programa inclúe charlas. Esta terceira edición comeza este venres 16 de marzo en Allariz coa conferencia-espectáculo A incrible historia da máxia do Mago Teto.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies