En portadaÚltima hora

O Mago Teto levará a súa maxia ao IES Carlos Casares de Viana

No marco do programa “Terra Máxica” impartirá unha conferencia neste centro o 28 de marzo. Ademais actuará na Casa da Cultura vianesa o 30 de marzo
O Mago Teto nunha actuación anterior en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

No instituto da súa vila natal, Viana do Bolo, impartirá unha conferencia moi especial o Mago Teto o vindeiro xoves 28 de marzo. Esta actividade enmárcarse dentro do Festival “Terra Máxica”, que tamén traerá a esta vila varios espectáculos, tal e como se informa dende o Concello de Viana do Bolo.

O primeiro deles virá da man deste ilusionista vianés que presentará na Casa da Cultura “Alquimia” o 30 de marzo ás 19:30h. A segunda sesión de maxia do festival virá da man de Fani Triana quen amosará en Viana a súa “Fantasía dos sentidos” o 13 de abril ás 19:30h.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button