CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O Mago Teto, no Nadal do Barco

Actuará mañá 28 de decembro na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán coa visita do Apalpador
O Mago Teto facendo un truco de cartas.

Dentro da programación de Nadal e Reis do Concello do Barco de Valdeorras, o Mago Teto chega mañá 28 de decembro ás oito da tarde á Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán, acompañado polo Apalpador.

Natural de Viana do Bolo, Teto é malia súa xuventude, un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia, sendo habitual na televisión desde os seus comezos, tendo no seu repertorio infinidade de espectáculos. Uns de rúa como “O Afiador”, outros de gran formato para teatros como “A Maxia da Santa Compaña”, “Os anos 80 vistos polo Mago Teto” ou o recente “Íntimo (A viaxe da miña vida)”, e outros máis polivalentes como os seus clásicos “Tolemaxias” e “Perto de Ti”. Tamén conta con experiencia como coorganizador de festivais de maxia por toda España, cun dos perfís máis completos e orixinais da maxia grazas ao seu humor, personalidade e nivel técnico.

Artigos relacionados

Back to top button