En portadaÚltima hora

O Mago Teto, un dos protagonistas do Festival “Terra Máxica”

O programa estase a desenvolver en seis concellos da provincia de Ourense, entre eles A Rúa e Viana
O Mago Teto (no centro), nunha actuación en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.
O Mago Teto (no centro), nunha actuación en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

O venres 8 de abril na Casa da Cultura de Barbadás; o sábado día 9 no Salón de Actos do Colexio María Inmaculada de Verín; o domingo día 10 na Casa da Cultura de Allariz; e o domingo 17 no Centro Cultural Avenida da Rúa. É o calendario de actuacións do Mago Teto, un dos protagonistas do Festival Terra Máxica que se está a desenvolver dende o 1 ata o 17 de abril en seis concellos da provincia de Ourense (A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo), da man de catro artistas da maxia.

O espectáculo co que o Mago Teto está a participar nesta iniciativa, organizada por Culturactiva S. Coop. G e a colaboración dos Concellos implicados, é “Tolemaxias”, a esencia do ilusionismo en estado puro, un espectáculo cheo de efectos novidosos que toca todas as disciplina da maxia, á que o artista vianés retorna despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro ou mesmo a danza.

Programa do Festival Terra Máxica.
Programa do Festival Terra Máxica.

Xunto ao Mago Teto, o festival da maxia conta coas actuacións de Fran Rei, Dani García e o Mago Paco que ademais de actuar en grandes espazos culturais, farano en asilos ou centros da terceira idade, procurando achegarse a un público que non adoita asistir a espectáculos.

Terra Máxica caracterízase asemade polo seu apartado formativo, cunha serie de obradoiros para grupos de 20 persoas en espazos culturais dos concellos colaboradores.

Artigos relacionados

Back to top button