EconomíaEconomíaÚltima hora

O Magosto da Granxa Escola A Capilla de Lentellais incluirá un concurso de repostería

Esta celebración terá lugar o vindeiro 2 de novembro a partires das 18:30h.

Imaxe de magosto./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Especialmente doce resultará a celebración do magosto este outono na Granxa Escola A Capilla de Lentellais (O Bolo). Esta cita gastronómica, prevista para o vindeiro sábado 2 de novembro a partires das 18:30h., incluirá un concurso de repostería no que se premiará ás tres mellores sobremesas.

“Este ano as Mulleres Rurais do Bolo fixeron un curso de repostería e quixemos propoñer esta actividade para que compartisen o que aprenderon nel. De feito, ao terminar o concurso todos degustaremos os doces participantes”, adiantan dende esta granxa escola.

As persoas interesadas en asistir e desfrutar deste magosto poderán mercar os tíckets de entrada a un prezo de 8 euros para os adultos e de 3 euros para os nenos. As sobremesas porán o broche a un saboroso menú a base de chourizo cocico, orella cocida e castañas asadas, ademais de pan, viño e auga.

 

Artigos relacionados

Back to top button