ConcellosÚltima hora

O Magosto de San Xoán de Río reúne a unhas 200 persoas

 

Unhas 200 persoas desfrutaban na tarde deste sábado da tradición do magosto en San Xoán de Río. A celebración desenvolvíase no polideportivo e os asistentes degustaban, ademais das típicas castañas asadas, pan con chourizos do Marucho (Manzaneda), bica de Mouruás e viño da Ribeira Sacra.

Nesta celebración, promovida dende o Concello contábase coa colaboración de Protección Civil de San Xoán de Río.

Fotos cedidas polo Concello de San Xoán de Río.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button