ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O magosto no Barco sortea a chuvia

Malia que o tempo segue sen estabilizarse, a chuvia daba unha pequena tregua para poder celebrar o magosto en Viloira (O Barco de Valdeorras). Despois de sufrir un aprazamento previsamente por mor da climatoloxía adversa (estaba previsto para o martes 11 de novembro, festividade de San Martiño), finalmente era na tarde do venres 14 cando os veciños da localidade se xuntaban en torno á praza Otero Pedrayo para disfrutar do tradicional magosto, un pouco pasado por auga, xa que apenas unha hora despois de comezar, e como quen non quere a cousa, volvía chover con intensidade.

Entre os asistentes á tradicional cita do outono estaban os concelleiros de Deportes, Julio Fernández, e de Cultura Eduardo Ojea, quen explicaba que para a ocasión asáronse algo máis de 200 quilos de castañas e repartíronse preto de 100 litros de viño.

A festa anunciábase cunha tirada de bombas de palenque e era amenizada musicalmente pola discoteca móbil A Boa Festa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button