CulturaCulturaFestas do Cristo O BarcoMúsicaÚltima hora

O mal tempo muda de escenario os últimos actos das festas do Barco

O cantautor Emilio Rúa, que no Barco estará acompañado por Xestreu, nunha das súas últimas actuacións./ Foto: Carlos G. Hervella.
O cantautor Emilio Rúa, que no Barco estará acompañado por Xestreu, nunha das súas últimas actuacións./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por mor das condicións meteorolóxicas dous dos actos previstos na derradeira xornada das Festas do Cristo no Barco, a do 15 de setembro, cambiarán o escenario que estaba previsto nun principio.

Así o parque infantil de xogos instalarase no Pavillón Vello, pero mantendo o mesmo horario: de 16 a 20 horas.
Ademais o concerto do cantautor Emilio Rúa e co grupo de pandereteiras Xestreu será no Teatro Lauro Olmo ás 20h30.

Artigos relacionados

Back to top button