EconomíaEconomíaÚltima hora

O Malecón do Barco convertirase nunha pasarela de moda da man do CCA

Será presentada pola eurovisiva Lucía Pérez e comezará ás 21h. deste venres 21 de setembro

 

Imaxe dun desfile organizado anteriormente dende O Barco CCA./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partires das nove da noite deste venres 21 de setembro o Paseo do Malecón do Barco (nas proximidades da pasarela do Salgueiral) acollerá a pasarela outono-inverno “O Barco de Moda”. Será presentada pola cantante lucense Lucía Pérez, que representaba a España no Festival de Eurovisión no ano 2001.

Nesta pasarela haberá modelos profesionais e tamén unha ampla presenza de modelos valdeorreses, entre eles 60 nenos e nenas de diferentes idades. “Durante o desfile poderemos ver a colección outono-inverno en moda, complementos, óptica, estética, perruquería, agasallos…”, tal e como se adiantaba dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), promotor da iniciativa, de cuxa organización se encargará a Axencia Luena.

Neste desfile teñen confirmada a súa participación unha vintena de establecementos barquenses: Librería e complementos Murciego, Nº 37, Pizpireta, Can-Can, Costuritas, Anaóptica, Multiópticas Valdeorras, Estética e complementos Pamen, Perruquería Margot, Miranda M, Miranda X, Baamonde, Garoba, o periódico O Sil ano 2000, Ana de la Puente, Koki, D’Chus, Prenda moda curvy, Mercería Mayte e Casabella.

Artigos relacionados

Back to top button