DeportesMontañismoÚltima hora

O Manzaneda Bike Park adulto e júnior abrirá xa este xoves 14 de abril

Ademais, a estación de montaña adianta o inicio da tempada estival ao 1 de maio, un mes antes que o ano pasado

Inauguración da pasada tempada do bike park./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras un inverno sen apenas neve Manzaneda redobra a súa aposta pola desestacionalización co obxectivo  da súa reconversión “nunha Estación de Montaña e non só de Inverno e Esquí, ensaiada xa durante o verán pasado cuns resultados moi esperanzadores”, din dende a empresa xestora.

Para logralo, un primeiro paso é o adianto en case un mes o inicio da tempada de verán, que comezará o 1 de maio. Tamén se adianta a apertura do bike park, que estará operativo xa desde o xoves, 14 de abril. O segundo será o calendario de eventos co que arrincará esta nova tempada, “o máis amplo e variado na historia da estación, con entre dúas e tres citas deportivas por mes ata final de ano e con concertos todas as semanas dos meses de xullo e agosto”, adiantan.

Así, xa desde finais de abril deste ano, a Estación de Montaña Manzaneda acollerá diferentes probas relacionadas coa bicicleta, o moto-turismo, trail, carreiras populares ou dúatlon, a unha media de dúas ou mesmo tres cada mes, desde abril a decembro: Transgalaica (abril), II Manzaneda DHI, Marcha moto-turística Adventure Galicia, Downhill Spain 2022 (maio), Enduro Manzaneda Bike Park, Extrema Manzaneda (xuño), Onda Verán!, III Manzaneda DHI (xullo), IV Manzaneda DHI, Mini Manzaneda DH, Tsunami Manzaneda (agosto), Volta ciclista a Galicia, BNE Challenge (setembro), Challenge MTB Manzaneda, Duathlón Cros Manzaneda, Volta motociclista a Galicia (outubro), San Silvestre Manzaneda (decembro).

 

Vista aérea da Estación de Montaña Manzaneda.

 

O complemento lúdico á actividade deportiva serán os concertos do ciclo ‘Elas cantan’ que terán lugar todos os sábados dos meses de xullo e agosto, cun fío condutor: só participan grupos liderados por mulleres. Trátase de Sabela Cereijo, Skarajazz, Law, Mar de Fado, Carla Lourdes, Soul& Roll, Habana Feeling e Carolina Rubirosa.

A todo iso sumaranse as actividades da propia Estación de Montaña, que para esta nova tempada amplíanse cun rocódromo infantil, varios campos de paintball, roteiros en bicicleta eléctrica ou un novo parque multiaventura para menores de 6 anos e a renovación do actual. Complementarán as xa ofertadas o ano pasado: bike park adulto e junior, roteiros dacabalo, tiro con arco, tirolesa xigante, telecadeira turístico ou piscina e circuíto termal. Ademais, en abril, maio e xuño pasarán pola estación alumnos de colexios de toda Galicia, con estancias de 2 noites e 3. E durante o resto do verán farano os asistentes aos campamentos da Xunta de Galicia, o que garantirá un cheo na Estación entre semana.

Artigos relacionados

Back to top button