DeportesÚltima hora

O marchador barquense José Fernández, subcampión de España máster

José Fernández Nieves, nunha competición anterior./ Foto cedida.

 

Cunha prata regresaba o pasado domingo de Sevilla o marchador barquense José Fernández Nieves. Na cidade hispalense este atleta, que compite co Real Club Celta de Vigo, tomaba a saída no Campionato de España de marcha en ruta máster na proba dos 20 km M40.

Na competición tiña como máximo rival ao tamén galego Juan Morales do Marineda, quen finalmente se impoñía ao valdeorrés, establecendo un rexistro de 1h.32:35 e de paso logrando un novo récord galego da proba. Pola súa banda, José Fernández lograba o subcampionato nacional cun rexistro de 1h.35.32

Artigos relacionados

Back to top button