DeportesÚltima hora

O martelista barquense Carlos Revuelta, campión galego absoluto

O atleta disputaba na tarde deste 6 de marzo no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos de Inverno, en Pontevedra

Carlos Revuelta, nunha competición anterior desta tempada./ Foto cedida.

 

Co ouro vén de facerse o martelista valdeorrés Carlos Revuelta Parra no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos de Inverno, que se está a disputar neste 6 de marzo en Pontevedra. Este atleta barquense, que viste as cores do A.D. Marathon, comezaba a competir ás 16:30h. e lograba o título autonómico cun lanzamento de martelo (7.260 kg) de 62.00.

En segundo lugar quedaba Yago Araújo (Real Club Celta de Vigo) cun rexistro de 60.88, mentres que a prata correspondíalle a Isaac Vicente (CA Fent Camí), con 59.53.

Artigos relacionados

Back to top button