DeportesÚltima hora

O martelista barquense Carlos Revuelta imponse en dúas probas en Suíza

Con este tipo de competicións este atleta está a preparar o vindeiro campionato de España absoluto, previsto para finais de agosto
O martelista valdeorrés Carlos Revuelta./ Foto cedida.

Nesta terceira fin de semana de agosto o lanzador de martelo barquense Carlos Revuelta Parra trasladábase ata Suíza para participar en dúas citas do calendario de atletismo deste país. Así, na mañá do sábado día 17 competía no Championats Romands de Iverdon-Les-Bains, vencendo cun lanzamento de 60 metros e 22 centímetros.

E neste domingo 18 de agosto acudía ao Winterthur Sommermeeting, nas proximidades de Zurich. Neste evento deportivo impoñíase novamente, desta volta cunha marca de 59 metros e 19 centímetros.

O atleta valora de xeito moi positivo a experiencia xa que, malia non ter mellorado a súa marca persoal, si confirmou nestas competicións o seu bo estado de forma, logrando dúas vitorias internacionais. Ademais con este tipo de probas está a preparar o Campionato de España absoluto ao aire libre, previsto para finais de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close