DeportesÚltima hora

O martelista valdeorrés Carlos Revuelta, quinto no Campionato de España de lanzamentos longos

O martelista barquense Carlos Revuelta.

 

Entre os atletas galegos que están a competir neste sábado 27 de febreiro no Campionato de España de lanzamentos longos en Montijo está o valdeorrés Carlos Revuelta Parra.

Este martelista, que compite co A.D. Marathón, lograba unha quinta posición na categoría absoluta masculina no concurso de martelo cun rexistro de 60.52 m. Nesta proba impoñíase Javier Cienfuegos (Playas de Castellón) cunha marca de 76.87.

 

Artigos relacionados

Back to top button