DeportesÚltima hora

O martelista valdeorrés Carlos Revuelta, segundo no II Meeting Desafío

O martelista Carlos Revuelta con dous atletas aos que adestra en Nerja./ Foto cedida.

 

Bos rexistros e mesmo récords españois no II Meeting Desafío de atletismo que se celebraba o 11 de maio en Nerja (Málaga). Entre eses bos resultados estaba o do valdeorrés Carlos Revuelta Parra, que nun concurso moi regular, realizaba un lanzamento do martelo de 7,260 quilogramos ata os 63 metros con 9 centímetros, o que lle valeu a segunda praza por detrás do campión de Europa Sub23, Alberto Moyano, que se foi moi encima dos 66 metros.

Ademais, dous dos atletas que adestran ás ordes de Revolta na Blume de Madrid, melloraron os seus rexistros persoais. En concreto, Irene Gómez, bateu por dúas veces o seu récord galego Sub20 e Sub23, lanzando 60,17 metros co martelo de 4 quilos, o que supón marca mínima para o próximo Campionato de Europa sub 20, uníndose así a Juan Jiménez, que xa a conseguiu previamente, e que onte, co artefacto de 6 quilos, foise ata os 73,13 metros.

Artigos relacionados

Back to top button