EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Meco e As Pampórnigas animan a Romaría da Ermida (Quiroga)

Esta peculiar actividade enmárcase na celebración da festividade da Virxe dos Remedios

O Meco foi un ano máis o protagonista da Romaría da Ermida que se celebra esta fin de semana nesta localidade do concello lucense de Quiroga. Trátase dun enmascarado con carauta de madeira, barba e marcado nariz, vestido por completo de vermello que no mediodía do 8 de setembro acompañaba á Virxe dos Remedios, xunto as Pampórnigas (unha parella de xigantes) na procesión.

Despois, coa imaxe xa no interior da igrexa, o enmascarado fixo coma sempre das súas no adro, durante a misa erguendo a súa vara de toxos e arremetendo contra todo aquel co que se cruzaba.

O programa desta multitudinaria romaría repítese na xornada do domingo 9 de setembro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button