ConcellosO BarcoÚltima hora

O médico Eduardo Gómez Vidal abrirá o Cristo 2021 esta noite no Barco coa lectura do pregón

Eduardo Gómez Vidal, na beira do río Sil ao seu paso polo Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Este 10 de setembro será unha data moi especial para o barquense Eduardo Gómez Vidal. Este médico, nacido na vila, será o encargado de abrir de xeito oficial o Cristo 2021, unhas festas que viviu dende ben meniño, coa lectura do pregón. Este acto está previsto para as 21h. nunha carpa instalada no campo da festa.

“É un recoñecemento e síntome moi agradecido ao Concello, pero eu realmente considérome un home común, non teño un curriculum para enmarcar, nin galardóns, nin medallas, por iso para min é un reto importante; pero son do Barco e sempre apostei polo Barco, e iso foi o que me fixo dar o paso e aceptar”, confesaba ao Periódico O SIL nunha reportaxe publicada no monográfico en papel dedicado as Festas do Cristo.

Nesa reportaxe tamén adiantaba os piares dos que será o pregón desta tarde, nos que tirará de lembranzas da súa nenez e mocidade. “A memoria hai que tela, non se pode esquecer, é moi importante”, di o doutor Gómez Vidal. Unha memoria que compartirá con veciños e visitantes a partir das 21h. no campo da festa.

Esta reportaxe, xunto con ampla información do programa do Cristo 2021 pode verse na edición en papel do Especial Cristo 2021 do Periódico O SIL.

 

Eduardo Gómez Vidal, na pasarela do río Sil que unce Viloira co casco vello do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button