En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O mellor amigo do home… e dos gatos

¿Quen dixo que os gatos e os cans non poden ser amigos? Hai veces que a popular cita “lévanse como o can e o gato” para referirse a dúas persoas que non se levan ben e andan sempre pelexándose, non se axusta para nada á realidade.

Polo menos vendo imaxes como as que fixo na Rúa Teodoro Suárez, un afeccionado á fotografía que na procura das mellores instantáneas atópase con esceas como esta. Nela vemos como en ocasións a amizade vai máis aló da especie e, este grande e fermoso Pastor Alemán serve de cama e acubillo a un gato que non dubida en aproximarse a el para botar unha sesta.

Despois de comprobar o agusto que se atopaban can e gato, outros mininos tampouco dubidaron en achegarse ata a extraña parella, dando lugar a unha fermosa estampa.

Fotos: Teodoro Suárez López

Artigos relacionados

Back to top button