En portadaÚltima hora

O mellor das augas bravas españolas dase cita no Barco

Un crecido río Sil será escenario nesta fin de semana de tres probas nacionais de descenso de augas bravas e dunha galega
Imaxe da anterior edición da competición de descenso de augas bravas no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A partires das tres desta tarde de sábado 7 de abril porase en marcha a competición deportiva de descenso de augas bravas no Barco. Darase a saída da primeira das mangas da Copa España sprint, dende a zona das Cortes. A proba terá unha distancia duns 300 metros. A segunda manga comezará ás cinco horas.

Xa na xornada do domingo 8 de abril terán lugar outras dúas regatas. A primeira delas será a Copa España clásica individual, con saída dende as Corte ás nove da mañá, estando a súa meta nas proximidades da desembocadura do regato Mariñán no Sil. Esta cita será ademais campionato galego nesa modalidade. Despois, ao mediodía, disputarase o Campionato de España por patrullas, tamén na modalidade clásica. Como punto de partida terá novamente As Cortes.

Esta competición reúne a nove clubs de diferentes puntos de España e a uns 60 piragüistas. Entre eles haberá media ducia do Fluvial Barco, organizador deste evento deportivo en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button
Close