DeportesÚltima hora

O Memorial José Luis Llamas reunirá en Ourense aos mellores xogadores de bádminton de Galicia

O I Circuíto galego sénior de bádminton celebrarase este sábado 26 de outubro a partir das 10 horas

Presentación do I Memorial José Luis Lamas.

 

O pavillón polideportivo da Universidade Laboral de Ourense acollerá este sábado, 26 de outubro, a primeira edición do Circuíto galego sénior de bádminton – Memorial José Luis Llamas. A partir das 10 horas comezarán a desputarse de xeito ininterrompido os partidos nos que participarán uns 70 xogadores, ata as 12 horas, cando terá lugar o acto no que se descubrirá unha praca que lle dará o nome de José Luis Llamas ao pavillón deportivo.

A presentación deste evento deportivo tiña lugar na mañá do 24 de outubro no salón de plenos do Concello de Ourense. Nela interviñeron Mario Guede, concelleiro de Deportes de Ourense; Manuel Alonso, presidente do Club Bádminton Universidade Laboral e Rodrigo Sanjurjo, presidente da Federación Galega de Bádminton. Tamén estiveron presentes Manuel Pérez, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Bernardino  González, asesor en Plans Estratéxicos da Deputación; Marisa Acevedo e Germán González, compañeiros, e Samuel, fillo de José Luis Lamas.

Artigos relacionados

Back to top button