OurenseÚltima hora

O Memorial Manolo Arnoya reunirá, en Santa Cruz de Arrabaldo, unha mostra do mellor fútbol galego xuvenil

Os equipos do Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, C.D. Lugo e Ourense C.F. participarán no encontro este sábado
Presentación do X Memorial Manolo Arnoya.

O campo do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, acollerá este sábado 25 de agosto o X Memorial Manolo Arnoya de fútbol xuvenil (na honra a Manuel Vázquez Pérez) que contará coa participación dos equipos do Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Club Deportivo Lugo e Ourense Club de Fútbol.

A presentación deste tradicional certame tiña lugar na mañá do 23 de agosto no salón de plenos do Concello de Ourense coa presenza do alcalde, Jesús Vázquez; do concelleiro de Deportes, Mario Guede; da presidenta e do tesoureiro da Sociedade Deportivo Cultural Arrabaldo, María Jesús Colmenero e Pablo González; da filla de Manolo Arnoya, Miriam Vázquez; e do asesor deportivo da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Un ano máis o memorial reúne aos equipos galegos que compiten nas máis altas categorías no fútbol español xunto, nesta edición, ao Ourense Club de Fútbol, que obtivo a clasificación na fase previa que se disputou a pasada fin de semana. Ao longo da mañá xogaranse as semifinais: Celta de Vigo–Ourense C.F. ás 10h; e Deportivo–Lugo ás 12h. E pola tarde o terceiro e cuarto posto, ás 17h. e a final ás 19h.

Artigos relacionados

Back to top button