En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Menciño da Cooperativa do Barco, mellor tinto de Galicia

Nesta tarde día lugar o acto de entrega dos premios da XXXI Cata de viños de Galicia

O mellor viño tinto galego é valdeorrés. Así se reflexaba na entrega de galardóns da XXXI Cata de viños de Galicia, que tiña lugar na tarde do 10 de xullo en Boqueixón, nun acto presidido polo titular do goberno galego, Alberto Núñez.

O presidente da Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, Manuel Fernández, recollía o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia polo seu Menciño, mentres que a distinción ao mellor branco da comunidade recaía no Arbastrum de Bodegas Eidosela, S.C.G. da D.O. Rías Baixas.

Ademais entregábanse premios por denominación de orixe (sendo no caso de Valdeorras para Joaquín Rebolledo co Acio de Ouro tinto e para Godeval co Acio de Ouro branco), ademais de nas categorías de viños de colleiteiro e pequenas adegas, de elaboracións con madeira, de viños de colleitas anteriores, ecolóxicos (para Abadía da Cova) e escumosos, entre outras.

 

Artigos relacionados

Back to top button