ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Mercadiño de Nadal do Barco abre as súas portas

Acolle a unha vintena de casetas e permanecerá na praza do Concello ata o sábado 8 de decembro

Ata o vindeiro 8 de decembro a praza do Concello do Barco acollerá por oitavo ano consecutivo o Mercadiño de Nadal. Esta mostra, cuxo recinto feiral se abría ao público no mediodía deste xoves 6 de decembro, acolle unha vintena de casetas que ofrecen unha gran diversidade de produtos: doces e bicas, pan, marmeladas, gofres, tes, xoguetes de madeira, artesanía en coiro e lousa e adornos navideños.

O mercadiño estará aberto ao público en horario de 12h. ata 21h. durante eses días. Entre os expositores estarán tamén tres entidades benéficas da vila: a AECC de Valdeorras, Disvalia e Asfaval. Como complemento haberá actividades infantís ás 18h. como son pintacaras e globoflexia.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button