ConcellosÚltima hora

O Mercadiño de Nadal do Barco celebrarase os días 21 e 22 de decembro

Un dos postos do mercadiño do pasado ano./ Foto: A.R.

 

Na fin de semana do 21 e 22 de decembro o a praza do Concello do Barco acollerá por noveno ano consecutivo o Mercadiño de Nadal. Esta mostra, cuxo recinto feiral abrirase ao público ás 12h. do 21 de decembro, acollerá unha serie de casetas con diversidade de produtos. O mercadiño, organizado pola Concellería de Turismo, estará aberto ao público en horario de 11h. ata 21h. durante eses días.

Tamén organizado por esta concellería, os días 11 e 12 de decembro celebrarase un taller de decoración de Nadal. Hai un total de 15 prazas para cada un dos días e a inscrición pode facerse desde hoxe no terceiro andar do Edificio Multiusos, onde tamén terá lugar o taller. A inscrición é gratuíta, e pídese as participantes que leven ferramentas básicas (tesouras fortes ou de podar) para que o taller se desenvolva de maneira áxil, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button