EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Mercadiño de Nadal do Barco reta a Fabien

Esta instalado nunha carpa na praza do Concello e tamén poderá visitarse o domingo 22 de decembro

 

Malia ao forte vento e a chuvia que trae a borrasca Fabien, numerosas persoas achegábanse ao longo desta tarde polo Mercadiño de Nadal do Barco, instalado nunha carpa na praza do Concello.

Esta mostra, que promove a Concellería de Turismo barquense, conta cunha vintena de postos de moi diversos produtos: artesanía, bisutería, doces caseiros, bicas e magdalenas, mel, castañas secas, fariña de castaña, cremas e xabóns naturais, xoguetes, etc.

Algúns destes postos son de entidades benéficas da comarca como é o caso da Asociación Española contra o Cancro (AECC) e de Disvalia. O Mercadiño, que abría as súas portas na mañá deste sábado 21 de decembro, tamén poderá visitarse ao longo da xornada do domingo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button